Orixe: Arxentina
Arquivos de autor:lacenacomidaespida
Soia verde
Orixe: Canadá
Faba negra
Orixe: Arxentina
Feixón Granxa
Orixe: España Faba de gran tamaño de cor branca e forma aplanada. Trala cocción o sabor é tenro e a textura fina. Recomendacións: Perfecta para cocidos e potaxes así como pratos con ameixas e mariscos. Cocción durante 1 hora e 30-40 minutos na cazola (ou 30-40 minutos a presión).
Faba verdina galega
Orixe: Galicia (España) Faba moi valorada na cociña. Colleitase antes da súa maduración. Grao plano e mediano de cor verde clara e pel moi fina inapreciable trala cocción. O grao nunca se desfai e presenta unha textura manteigosa. Recomendacións: Ideal para pratos con mariscos. Recoméndase hidratala durante 12 horas antes da cocción.
Faba da Mariña (Lugo)
Orixe: Galicia (España) Pouca cantidade de pel en relación co seu volume (entre 8-10%) resultando unha faba de gran calidade. Gran capacidade de absorción de auga. Conserva a integridade trala cocción cunha textura pastosa sen grumos e pel inapreciable.
Faba pinta
Orixe: León (España) Grao elíptico de tamaño medio de cor canela raiada. O grao conserva a integridade trala cocción cunha textura manteigosa e a pel queda branda dando como resultado caldos escuros e saborosos. Elevado contido en ferro. Recomendacións: Pratos típicos do centro e norte de España. Cocción durante 1 hora a 1 hora eSeguir lendo “Faba pinta”
Faba branca
Orixe: Arxentina Grao branco, grande e redondo. Recomendacións: Cocción durante 1 hora e 15-45 minutos na cazola (ou 20-30 minutos a presión).
Lentella beluga
Orixe: Canadá Grao moi pequeno semiesférico. Pel de cor negra brillante pola presenza de antocianinas e interior amarelo. Ten o maior valor proteínico de todas as lentellas (23%). Destaca tamén o seu contido en hidratos de carbono (50%) fibra (10%), potasio, fósforo, ferro e vitaminas B1 e B6. Trala cocción perde parte da cor negraSeguir lendo “Lentella beluga”
Lentella vermella
Orixe: Canadá Ricas en hidratos de carbono, proteínas, fibra, vitaminas, minerais e un baixo contido en graxas. Recomendadas para persoas con problemas dixestivos. Recomendacións: 15 minutos de cocción sen remollo previo. Recomendada para todo tipo de sopas, cremas ou purés. Moi utilizada como alternativa vexetariana na elaboración de albóndegas, hamburguesas, recheos para vexetais e patés.Seguir lendo “Lentella vermella”